Herbogo, Rois
| Herbogo | |
|---|---|
| Concello | Rois |
| Área | 5,65 km² |
| Poboación | 268 hab. (2011) |
| Densidade | 47,43 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
San Pedro de Herbogo é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Rois. Segundo o IGE en 2011 tiña 268 habitantes (137 homes e 131 mulleres) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 305 habitantes.
Índice |
Patrimonio [editar]
A igrexa de San Pedro de Herbogo do século XVIII, é de estilo barroco con influencias dos mestres composteláns. De nave rectangular e teito a dúas augas, ten fábrica de cadeirado de granito moi regular en todos os muros. Fachada lisa con porta alintelada con orelleiras e dous pequenos vans a cada lado.
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Herbogo [editar]
| Lugares da parroquia de Herbogo no concello de Rois (A Coruña) | |
|---|---|
|
Carrais | As Casas Novas | Espai | Herbogo | A Pereira | Rubieiro | Socastro | Soutelo |
Parroquias de Rois [editar]
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rois | |
|---|---|
|
Augasantas (San Vicente) | Buxán (San Xoán) | Costa (San Miguel) | Ermedelo (San Martiño) | Herbogo (San Pedro) | Leroño (Santa María) | Oín (Santa María) | Ribasar (Santa Mariña) | Rois (San Mamede) | Seira (San Lourenzo) | Sorribas (San Tomé) | Urdilde (Santa María) |