Herberto Helder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHerberto Helder

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalHerberto Helder de Oliveira
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Funchal, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte23 de marzo de 2015 (84 anos)
Cascais (Portugal) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Coímbra
Universidade de Lisboa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , tradutor , poeta avogado , bibliotecario , xornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Discogs: 2921838 Editar o valor em Wikidata

Herberto Helder de Oliveira, nado en Funchal o 23 de novembro de 1930 e finado en Cascais o 23 de marzo de 2015,[1][2] foi un poeta portugués.

Biografía[editar | editar a fonte]

Frecuentou a Facultade de Letras da Universidade de Coímbra, tendo traballado en Lisboa como xornalista, bibliotecario, tradutor e presentador de programas de radio. Viaxou por diversos países da Europa realizando varios traballos sen relación coa literatura, e foi redactor da revista Notícia en Luanda, Angola en 1971, onde sufriu un grave accidente. Tamén foi un dos colaboradores da efémera revista Pirâmide[3] (1959-1960).

Foi considerado un dos máis orixinais poetas de lingua portuguesa. Era unha figura misántropa, e en torno del pairou unha atmosfera misteriosa, por ter rexeitado premios e conceder entrevistas. En 1994, foi o vencedor do Prémio Pessoa, que recusou.

A súa escrita comezou por situarse no ámbito dun surrealismo tardío. En 1964 organizou con António Aragão o 1º caderno antológico de Poesia Experimental (Cadernos de Hoje, Mondar editores). Escribiu mentres tanto Os Passos em Volta, un libro que, a través de varios contos, suxire as viaxes deambulatorias dunha personaxe por entre cidades e espazos cotiáns, colocando ao mesmo tempo incertezas acerca da identidade propia de cada ser humano (ficción); Photomaton e Vox é unha colectánea de ensaios, textos e varios poemas. Poesia Toda é o título dunha antoloxía persoal dos seus libros de poesía que ten sido depurada ao longo dos anos. Algúns dos seus libros desapareceron das máis recentes edicións da Poesia Toda, rebautizada Ofício Cantante.

A crítica literaria aproxima a súa linguaxe poética ao universo da Alquimia, da mística, da Mitoloxía edipiana e da imaxe da Nai.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Poesia – O Amor em Visita (1958).
  • A Colher na Boca (1961).
  • Poemacto (1961).
  • Lugar (1962).
  • Electrònicolírica (1964).
  • Húmus: poema-montagem (1967).
  • Retrato em Movimento (1967).
  • Ofício Cantante: 1953-1963 Antologia (1967).
  • O Bebedor Nocturno (1968).
  • Vocação Animal (1971).
  • Poesia Toda (1º vol. de 1953 a 1966; 2º vol. de 1963 a 1971) (1973).
  • Cobra (1977).
  • O Corpo o Luxo a Obra (1978).
  • Photomaton & Vox (1979).
  • Flash (1980).
  • A Plenos Pulmões (1981).
  • Poesia Toda 1953-1980 (1981).
  • A Cabeça entre as Mãos (1982).
  • As Magias (1987).
  • Última Ciência (1988).
  • Do Mundo (1994).
  • Poesia Toda (1996).
  • Ou o poema contínuo: súmula (2001).
  • A Faca Não Corta o Fogo - Súmula & Inédita (2008).
  • Ofício Cantante - Poesia Completa (2009).
  • Servidões (2013).
  • A Morte Sem Mestre (2014).

Ficción[editar | editar a fonte]

  • Os Passos em Volta (1963).
  • Apresentação do Rosto (1968).
  • A Faca Não Corta o Fogo (2008).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Coutinho, Isabel (24/03/15). "Morreu o poeta Herberto Helder" (en portugués). Consultado o 24/03/15. 
  2. José Miguel Gaspar (24 de marzo de 2015). Jornal de Notícias, ed. "Morreu o poeta Herberto Helder aos 84 anos" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2015. Consultado o 2 de abril de 2015. 
  3. Daniel Pires (1999). "Ficha histórica: Pirâmide : antologia (1959-1960)" (pdf). Dicionário da Imprensa Periódica Literária Portuguesa do Século XX (1941-1974). Lisboa: Grifo. p. 46. Consultado o 20 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]