Herba de namorar
| Herba de namorar | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Matogueiras da herba de namorar |
|||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Armeria maritima'' (Mill.) Willd. |
|||||||||||||||
A herba de namorar ou herba empreñadeira (Armeria maritima) é unha planta herbácea de folla perenne pertencente á familia Plumbaginaceae. Tamén recibe o nome de caravel mariño.
Descrición [editar]
A herba de namorar medra formando pequenos matos compactos duns 20 ou 30 cm, na parte superior dos cantís e ao longo da costa, ata onde chega o salitre do mar. Tamén o fai nas marismas, xuncais, e en solos xeralmente areosos.
As súas follas, estreitas e liñais, son dunha cor verde intensa. As flores, de cor branca, vermella, ou lila, únense formando capítulos rodeados de brácteas escabiosas. A súa floración ten lugar no verán, entre os meses de maio e xuño e ás veces durante o outono.
Fóra do seu habitat natural, emprégase como planta ornamental en xardíns, como tapizante de solos pobres e areosos ou para cubrir espazos entre rochas. Entre as variedades máis cultivadas destacan a Armeria maritima alba, de flores brancas, e a Armeria maritima vindictive, de flores rosa vivo.
A súa reprodución ten lugar no verán. A herba de namorar espállase por esquexes ou por división de matas a comenzos da primavera. Ás veces forma híbridos coa Armeria pubigera, sendo estes moi díficiles de distinguir.
Distribución [editar]
A herba de namorar distribúese ao longo de todo o hemisferio norte.
A armeria na cultura popular [editar]
A armeria utilízase en fórmulas máxicas relacionadas co matrimonio e a fecundidade. Quizais veñan de aí os nomes populares cos que se coñece.
- A herba de namorar,/ a herba namoradeira,/ a herba de namorar,/ tráiocha na faltriqueira.