Herba da trindade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Herba da trindade
Violatricolorarvensis.jpg
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Malpighiales
Familia: Violaceae
Xénero: 'Viola'
Especie: ''V. tricolor''
Nome binomial
''Viola tricolor''
L.

A herba da trindade[1] (Viola tricolor) é un pensamento bravo común de Europa, que medra como anual ou de curta vida perenne. Foi introducida en América do Norte, onde se espallou moito. É a proxenitora do cultivado pensamento (Viola tricolor hortensis); antes de que o pensamento fose desenvolvido, "pensamento" era un apelativo alternativo da forma brava.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome vulgar galego, pode que veña polas tres cores que soe ter a flor; igualmente que en inglés recibe o nome de three faces in a hood (tres faces nunha carapucha) ou wild pansy (pensamento bravo).

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha pequena planta de hábito rubideiro, acadando polo menos 15 cm de altura, con flores de 15 mm de diámetro. Medra en pasteiros baixos, en solos acedos ou neutrais. Acepta media sombra. Florea borealmente de abril a setembro; poden ser púrpuras, azuis, amarelas ou brancas. Son hermafroditas e autofértiles, polinizado por abellas.

Exemplo da flor.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Viola tricolor foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 935–936, no ano 1753. (1 maio 1753)[2]

Variedades aceptadas
Sinonimia
  • Jacea tricolor (L.) Opiz
  • Mnemion agreste Fourr.
  • Mnemion alpestre Fourr.
  • Mnemion contemptum Fourr.
  • Mnemion elegans Spach
  • Mnemion gracilescens Fourr.
  • Mnemion nemausense Fourr.
  • Mnemion sagotii Fourr.
  • Mnemion segetale Fourr.
  • Mnemion sudeticum Fourr.
  • Mnemion tenellum Webb
  • Mnemion tricolor Spach
  • Mnemion variatum Fourr.
  • Viola tricolor var. hortensis DC[3]

Uso medicinal[editar | editar a fonte]

Ten unha longa historia de uso coma menciña. Foi recomendada, ademais doutros usos, en tratamento da epilepsia, da asma, doenzas da pel e eccemas. Ten propiedades expectorantes, contra a bronquite, Tose ferina ou tose convulsa. Tamén é diurético, liderando o seu uso en tratar reumatite e cistite.

As flores serven como tintura amarela, verde, azul verde, mentres as follas poden usarse para facer un indicador químico.

Moito antes do desenvolvemento de híbridos, esta especie asociouse co "pensamento" na "linguaxe das flores", polo seu apelativo de pensamento: así Ofelia di en Hamlet de William Shakespeare, "There's pansies, that's for thoughts" (hai "pensamentos" que son pensamentos). E o que tiña Shakespeare en mente era a "herba da trindade" ou "pensamento bravo", non os modernos pensamentos de xardín.

Shakespeare fai unha referencia máis ao "pensamento bravo" n'O soño dunha noite de San Xoán. Oberón envía a Puck a apañar "unha floriña" que se había chamar "Amor na preguiza".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar galego citado en varias fontes como hèrba d'a trinidá como no Diccionario gallego-castellano, Santiago, de Marcial Valladares Núñez (1884)- http://sli.uvigo.es/DdD/ddd_pescuda.php?pescuda=trinid%E1&tipo_busca=lema
  2. Herba da trindade en Trópicos
  3. Herba da trindade en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Herba da trindade