Heraldo Guardés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heraldo Guardés

Editar o valor em Wikidata
Lingualingua castelá
LocalidadeA Guarda
ISSN2660-1885
Na rede
HemBNE: 68415720
editar datos en Wikidata ]

Heraldo Guardés foi un semanario editado na Guarda entre 1904 e 1935.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Semanario independiente, apareceu o 15 de outubro de 1904.[1] Foi fundado por José Darse Sobrino, que era tamén o propietario, ao seu regreso da emigración. Darse creou unha imprenta propia na que se imprimía o periódico. Entre os seus colaboradores figuraron Guillermo Vicente, Francisco Rodríguez Otero, Manuel Álvarez Rivero, Serafín Carrera Fernández, Rafael Fernández Casas e Xoán Noya. De tendencias liberais republicanas, defensor do agrarismo e anticlerical, antiforal e anticaciquil. Identificouse plenamente co movemento agrario a partir do 30 de xaneiro de 1909, cando reiniciou a súa publicación, interrompida durante varios meses a consecuencia dun incendio o 20 de abril de 1908.[2] Debido a esta vinculación e ás diversas campañas agraristas, foi considerado como o decano da prensa agrarista dos anos dez. Logo da morte do seu fundador cambiou a súa orientación e pasou a defender á dereita caciquil. Cesou a súa edición en 1935. Varios colaboradores de Darse continuaron a súa liña en Nuevo Heraldo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Correspondencia Gallega, 19-10-1904, p. 2.
  2. Galicia Nueva, 2-2-1909, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]