Heródoto
| Heródoto | |
|---|---|
| Busto de Heródoto. | |
| Nacemento: | c. 484 a.C. Halicarnaso, Caria, Anatolia |
| Falecemento: | c. 425 a.C. Turios, Calabria o Pella, Macedonia |
| Lingua: | Grego |
| Xénero(s): | Historiador, xeógrafo |
Heródoto, nado no 484 a.C. e finado no 425 a.C. foi un historiador grego, pai da historiografía.
Traxectoria [editar]
Orixinario de Halicarnaso, actual Bodrum, Turquía. Tras a súa participación dunha revolta contra o tirano Ligdamis tivo que marchar ao exilio na illa de Samos, e dedicouse a viaxar, viaxes que o levaron a Exipto, chegando ata a primeira catarata do Nilo, a Babilonia, a Siria, a Libia, a Italia e a Sicilia. Viviu en Atenas, e aquí recolleu as tradicións orais das principais familias, en especial dos Alcmaeonidae.
Heródoto escribiu a historia da invasión persa de Grecia, coñecida como a As historias de Heródoto, considerada a primeira obra de historia, ata entón rexistrábanse os acontecementos históricos en crónicas e épicas, pero Heródoto foi o primeiro en tratar o pasado como un problema filosófico, que permitía coñecer o comportamento humano. E foi o primeiro en recoller testemuñas presentes nos feitos que describía e preocuparse pola obxectividade, na súa obra dá tamén abondas referencias etnográficas. Aínda que a obra non foi apreciada na antigüídade, Aristóteles califícaa de mitóloga, Aulo Xelio califícao de fabuladora, e tan só a partir do Renacemento comezou a ser valorada.
As historias publicouse entre o 430 a.C. e o 424 a. C., divídense en nove libros, que reciben o nome das musas. Os primeiros seis tratan do medre do Imperio Persa e da súa influencia en Grecia. Os tres últimos describe os intentos do rei Xerxes por vingar a batalla de Maratón e absorber Grecia dentro do Imperio Persa.
Heródoto describe na súa obra os confíns da terra, nese contexto enténdese a primeira referencia ás illas Casitérides no libro terceiro, aínda que só para afirmar que non sabe nada delas.