Henryk Mikołaj Górecki
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henryk Mikołaj Górecki, nado en Czernica o 6 de decembro de 1933 e finado en Katowice o 12 de novembro de 2010, foi un compositor polonés.
Traxectoria [editar]
Naceu en Czernica, no sur de Polonia. Non estudou música de maneira regular até chegar aos vinte anos de idade, cando comezou a estudar en Katowice. Posteriormente, mentres continuaba os seus estudos en París, Górecki tivo a posibilidade de escoitar traballos de Anton Webern, Olivier Messiaen e Karlheinz Stockhausen, compositores censurados polo goberno polaco, polo contido relixioso das súas composicións.