Henry Bataille
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henry Félix Bataille, nado en Nîmes en 1872 e finado en Rueil-Malmaison en 1922, foi un dramaturgo e poeta francés.
Traxectoria[editar]
Estudou en París e o seu primeiro interese estivo na pintura. En 1895 publica unha colección de poesías La chambre blanche, que fixo que se achegase ao teatro, e que fose o autor de moda entre 1900 e 1914 con dramas pasionais que se adaptaron para Broadway e tamén para o cine.