Henrik Klingenberg
Henrik "Henkka" Klingenberg, nado o 21 de outubro de 1978 en Mariehamn, Åland, é o teclista da banda finlandesa de power metal Sonata Arctica.
Traxectoria [editar]
Uniuse á banda a finais do 2002, xusto para unirse á xira que seguiu logo da gravación de Winterheart's Guild, o cal foi lanzado en 2003; e actualmente reside en Kokkola, Finlandia, cando a banda non está de xira. Entre as súas máis grandes influencias atópanse Pantera, Diablo, Graham Central Station e Billie Holiday, mentres que algúns dos seus teclistas favoritos son Kevin Moore, Jon Lord, Jens Johansson e Matt Guillory. Asemade afirma que consegue a súa inspiración musical a través da vida mesma.
Tocou o teclado para a Banda de Power Metal Melódico Requiem, de Finlandia no 2003.
No seu último concerto en vivo, For the sake of Revenge (2006), utilizou un teclado Kurzweil K2500 e outro tipo keytar Roland AX-7.