Henri Bouchard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Foto do escultor

Henri Bouchard, nado o 13 de decembro de 1875 en Dijon e finado o 30 de novembro de 1960 en París, foi un escultor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun carpinteiro, Bouchard formouse na Académie Julian e no estudo de Louis-Ernest Barrias antes de entrar na Ecole deas Beaux-Arts de París. Gañou o Premio de Roma en 1901. A súa atención estivo centrada nos modelos da antigüidade, cara aos peóns, as figuras cotiás e os traballadores comúns. O mesmo Bouchard converteuse en profesor da Academia Julian en 1910.

En novembro de 1941 Bouchard foi parte dun grupo de pintores e escultores franceses que aceptaron unha invitación oficial de Joseph Goebbels para realizar unha gran mostra itinerante na Alemaña nazi. Outros artistas que aceptaron a invitación foron Charles Despiau, Paul Landowski, André Dunoyer de Segonzac, e os artistas fauvistas Kees van Dongen, Maurice de Vlaminck e André Derain. Tras a súa volta Bouchard tivo palabras amábeis sobre o trato recibido durante a estadía dos artistas Alemaña nazi. Tras a Liberación, en 1944, Bouchard foi suspendido do seu profesorado, acusadp de colaboracionismo e condenóuselle ao ostracismo por parte de moitos antigos partidarios[Cómpre referencia].

O Museo Bouchard de París foi aberto en 1962 e pechado en 2007, na escola estudo do escultor na rúa de Yvette, 25. As súas coleccións, incluída unha gran figura de Apolo copia da do Palacio de Chaillot, así como máis de cen traballos, entre pezas en bronce, esculturas de pedra, e modelos en escaiola orixinais, foron transferidos ao Museo da Piscine en Roubaix.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]