Henri Béraud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henri Béraud

Henri Béraud, nado en Lión o 21 de setembro de 1885 e morto en Saint-Clément-des-Baleines o 24 de outubro de 1958, foi un xornalista e escritor francés.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo dun panadeiro, educárono os freires, foi tenente de artillería durante a Primeira Guerra Mundial, en febreiro de 1917 pasou a colaborar na publicación satírica Le Canard enchaîné recomendado polo seu amigo Paul Vaillant-Couturier e por Roland Dorgelès, tamén colaborou ó final da guerra con Crapouillot de Jean Galtier-Boissière.

En Le Canard Enchaîné publicou contos, un breve folletín (L'angoisse du mercanti ou le compte du tonneau en 1918), un estudo sobre o humor lionés e sobre todo artigos polémicos contra o Parlamento, a Académie française, o goberno, os oficiais antirrepublicanos e Acción Francesa. Tamén colabora como especialista en temas internacionais no Petit Parisien e Paris-Soir.

1934 - 1944[editar | editar a fonte]

Canard rompe con Henry Béraud logo de que este apoiara as manifestacións antiparlamentarias do 6 de febreiro de 1934 organizadas pola dereita e a extrema dereita. Béraud segue a colaborar coa a revista Le Merle blanc, de Eugène Merlo, en L'Œuvre e é o gran reporteiro e comentarista político do Journal. El é o director político oficioso e editorialista de Gringoire de 1928 a 1943, escribe artigos violentamente anglófonos pero sen demostrar unha simpatía particular pola Alemaña nazi. Tras a caída do réxime de Vichy condénano a morte por colaborar co inimigo pero pola intervención de varios escritores, entre eles François Mauriac, Charles de Gaulle conmútalle a pena por cadea perpetua. Gravemente enfermo foi liberado en 1950 e morreu en 1958 na súa propiedade da illa de Ré.

Obras[editar | editar a fonte]

  • L'École moderne de peinture lyonnaise (1912)
  • Le Vitriol de Lune (1921, premio Goncourt 1922)
  • Le Martyre de l’obèse, (premio Goncourt 1922)
  • Lazare, Albin Michel, 1924
  • Ce que j'ai vu à Moscou, Les Éditions de France 1925
  • Le Bois du templier pendu, Les Éditions de France, 1926
  • Ce que j'ai vu à Berlin, Les Éditions de France, 1926
  • La Gerbe d'or, Les Éditions de France, 1928
  • Ce que j'ai vu à Rome, Les Éditions de France 1929
  • Qu’as-tu fait de ta jeunesse ? (1941)
  • Les Lurons de Sabolas (1932)
  • Ciel de suie (1933)
  • Dictateurs d'aujourd'hui (1933)
  • Pavés rouges, Les éditions de France, 1934
  • Faut-il réduire l'Angleterre en esclavage (1935)
  • Les raisons d'un silence, Inter-France, 1944
  • Les derniers beaux jours, Plon, 1953

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Henri Béraud

Bibliografía[editar | editar a fonte]