Hendrik Scherpenhuijzen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hendrik Scherpenhuijzen
Nacemento3 de abril de 1882
Lugar de nacementoRotterdam
Falecemento28 de xuño de 1971
Lugar de falecementoAmersfoort
NacionalidadeReino dos Países Baixos
Ocupaciónesgrimista e militar
PremiosOfficer of the order Orange-Nassau, Bronze Lion, Officers' Cross, Oorlogsherinneringskruis e Military Cross
editar datos en Wikidata ]

Hendrik Dorotheus Scherpenhuijzen, nado en Rotterdam o 3 de abril de 1882 e finado en Amersfoort o 28 de xuño de 1971, foi un militar e tirador de esgrima neerlandés, gañador dunha medalla olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Scherpenhuijzen participou nos Xogos Olímpicos de 1924 celebrados en París co equipo neerlandés de sabre, logrando a medalla de bronce. Co grao de tenente coronel estaba ao mando do Rexemento de Fusileiros [1](Het Regiment Jagers) cando se produciu a invasión alemá durante a segunda guerra mundial, recibindo ordes de atacar as tropas alemáns aerotranspotables que ocupaban Overschie, un suburbio de Rotterdam mentres os alemáns bombardeaban a cidade, na acción Scherpenhuijzen recibiu unha ferida de bala no pescozo [2], polas súas accións recibiu o León de Bronce

[3] en 1946

Notas[editar | editar a fonte]