Hemicrania continua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A hemicránea continua ou hemicrania paroxística é un tipo de cefalea moi pouco habitual. Maniféstase por episodios de dor de testa unilateral, isto é, que afecta só a unha metade da cabeza, preferentemente á rexión ocular, temporal ou frontal, sempre no mesmo costado. Os episodios de dor son de curta duración, entre 2 e 45 minutos, mais repítense con moita frecuencia, até 40 veces nun día. A dor é moi intensa e é acompañada dunha serie de síntomas, como o rubor ocular, lacrimación, taponamento nasal, rinorrea e ptose palpebral. Existen dúas variedades da doenza que se denominan hemicrania paroxística episódica e hemicrania paroxística crónica. O tratamento consiste na administración de indometacina que alivia os síntomas axiña.[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Clasificación Internacional das Cefaléas, 2ª edición. Arquivado 23 de abril de 2012 en Wayback Machine. Consultado o 23 de febreiro de 2013