Hemartros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hemartros ou hemartrose é a presenza de sangue no interior do espazo articular. As articulacións máis afectas son a articulación do xeonllo e a do cadril.

Causas[editar | editar a fonte]

Polo xeral a causa principal é un traumatismo que fai que sangue a articulación, mais tamén se poden presentar de xeito espontáneo ou após dun pequeno traumatismo nun paciente con certa predisposición á hemorraxia, como por exemplo os doentes que están a ser tratados con anticoagulantes orais como acenocumarol (Sintrom ou Sinthrome®) ou warfarina. Tamén é posíbel que exista hemartrose en pacientes doentes de hemofilia. Cando se trata dun hemartros do xeonllo pode estar asociado a unha artroplastia desta articulacion[1].

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento médico de elección e a sinovectomía ou o recambio por medio dunha prótese[2].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]