Helen Keller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Helen Keller

Helen Adams Keller, nada en Tuscumbia o 27 de xuño de 1880 e finada en Westport o 1 de xuño de 1968, foi unha escritora, conferencista e activista social estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Alabama, foi dos maiores exemplos de superación. Helen Keller foi unha muller triplamente deficiente que quedou cega e xorda, desde pícara, debido a unha doenza diagnosticada na época como febre cerebral (hoxe acredítase que ten sido escarlatina). Superou todos os obstáculos, tornándose unha das máis notábeis personalidades do noso século. Ela sentía as ondulacións dos páxaros a través das copas e polas das árbores dalgún parque onde ela paseaba.

Deveu unha famosa escritora, filósofa e conferenciante, cun extenso traballo que desenvolveu en favor das persoas portadoras de eivas. Anne Sullivan foi a súa profesora, compañeira e protectora.

Formación e recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1904 graduouse como bacharel en filosofía polo Radcliffe College, institución que a agraciou co premio Destaque a Alumno, no aniversario de cincuenta anos da súa formación. Falaba os idiomas francés, latín e alemán. Ao longo da vida foi agraciada con títulos e diplomas honorarios de diversas institucións, como a universidade Harvard e universidades da Escocia, Alemaña, India e África do Sur. En 1952 foi nomeada Cabaleiro da Lexión de Honra da Francia. Foi condecorada ca Orde do Cruceiro do Sur, no Brasil, ca do Tesouro Sagrado, no Xapón, entre outras. Foi membro honorario de varias sociedades científicas e organizacións filantrópicas nos cinco continentes.

En 1902 estreouse na literatura publicando a súa autobiografía A Historia da Miña Vida. Despois iniciou a súa carreira no xornalismo, escribindo artigos no Ladies Home Journal. A partir de entón non parou de escribir.

Obra[editar | editar a fonte]

Nunca se debe gatear cando o impulso é voar.
Helen Keller
  • Optimismo - un ensaio
  • A Canción do Muro de Pedra
  • O Mundo en que Vivo
  • Loitando Contra as Tebras
  • A Miña Vida de Muller
  • Paz no Crepúsculo
  • Dedicación de Unha Vida
  • A Porta Aberta

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]