Heinz G. Konsalik
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Heinz Gunter Konsalik, nado en Colonia o 28 de maio de 1921 e finado en Salzburgo o 2 de outubro de 1999, foi un novelista alemán de éxito comercial.
Traxectoria [editar]
Aos dez anos escribiu a súa primeira novela, sobre os indios norteamericanos e con 16 publicaba folletóns nos xornais da súa cidade natal. Estudou medicina, xermanística e teatro. Durante a Segunda Guerra Mundial foi correspondente de guerra en Francia e marchou como soldado á fronte leste, onde resultou ferido. A partir do éxito de Der Arzt von Stalingrad ("O médico de Stalingrado") en 1951 dedicouse a escribir, dos seus 186 libros vendeu máis de 80.000.000 de exemplares ata a súa morte e das súas novelas fixéronse filmes para cine e televisión.