Heinrich Wölfflin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Heinrich Wölfflin (21 de xuño de 1864 - 19 de xullo de 1945) foi un soado crítico da arte suízo, considerado como un dos mellores historiadores de arte de toda Europa.

Definiu a historia da arte como unha historia independente do contexto social, económico ou relixioso a través do renacemento (século XVI) e o Barroco (século XVII). Analizou as diferenzas destes dous estilos insistindo en que a finais do século XVII produciuse unha mudanza semellante mais de sentido inverso, unha "volta atrás".

Entre os seus alumnos destácanse os historiadores Rudolf Wittkower e Sigfried Giedion e o escultor Naum Gabo.

O Barroco segundo Wölffin[editar | editar a fonte]

Wölffin, define o Barroco por cinco trazos característicos:

  • A procura do movemento real, polo feito de que se constrúan edificacións con paredes onduladas e tamén a procura do imaxinario, polo feito de que se pinten personaxes quen de accións violentas.
  • Intento de suxerir o infinito. Este aspecto amósase claro no lago de Versalles. Neste estilo o camiño pérdese no horizonte.
  • A importancia da luz e dos seus efectos.
  • O gusto pola teatralidade, polo escenográfico e fastuoso.
  • A tendencia a mesturar as disciplinas artísticas.

Obras[editar | editar a fonte]

As súas obras máis notables son:

  • Conceptos fundamentais para a historia da arte (1915)
  • Renacemento e Barroco (1888)
  • A arte clásica (1899)
  • Prolégomènes à une psychologie de l'architecture (1886).