Heinrich Rickert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHeinrich Rickert

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de maio de 1863 Editar o valor em Wikidata
Gdańsk, Polonia Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1936 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín
Universidade de Estrasburgo Editar o valor em Wikidata
Director de teseWilhelm Windelband (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e sistema educativo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Friburgo
Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRudolf Zocher (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosArnold Rickert (pt) Traducir, Heinrich Rickert (en) Traducir, Franz Rickert (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiHeinrich Rickert (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFranz Rickert (en) Traducir Editar o valor em Wikidata


Heinrich Rickert, nado en Danzig en 1863 e finado en Heidelberg en 1936, foi un filósofo alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor na Universidade de Friburgo desde 1891, onde tivo como alumno a Martin Heidegger. Sucedeu en 1916 a Wilhelm Windelband na cátedra de filosofía en Heidelberg.

Integrado na escola neokantiana de Baden, desenvolveu unha "filosofía dos valores" como a prioris nos que fundar unha conceptualización científica no campo das ciencias culturais. Desta forma Rickert pensaba superar o relativismo historicista e completar ó mesmo tempo a reflexión kantiana sobre as ciencias da natureza. Os valores terían un rango ontolóxico propio diferente das realidades físicas e tamén psíquicas, pero podendo residir nun obxecto, transformándoo nun ben, ou nos actos dun suxeito, converténdoo en algo valorable.

O obxectivo das ciencias culturais consistiría en poñer en relación os feitos por elas estudados con algún valor. Agora ben, non concibe a valoración do investigador como unha arbitrariedade guiada subxectivamente, senón como unha actividade na que se debe constatar os valores que de feito actúan social e historicamente. É dicir, non se trata dunha valoración práctica (Ética), senón dunha valoración teórica (Ciencia). Pódese dicir que Rickert se sitúa a medio camiño entre as filosofías naturalistas e as filosofías vitalistas que dominaron as primeiras décadas do século XX.

Como obras salientables mencionaremos Ciencias culturais e ciencias naturais (1899), Os límites da conceptualización naturalista (1896-1902) e Filosofía da vida (1920).