Heinrich Geissler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heinrich Geißler.

Heinrich Geissler, nado en Igelshieb o 26 de maio de 1814 e finado en Bonn o 24 de xaneiro de 1879, foi un inventor alemán.

Meirandes contribucións[editar | editar a fonte]

Geissler dominaba a técnica do soprado de cristal e posuía un negocio de fabricación de instrumentos científicos. En 1857 inventou unha bomba de baleiro sen elementos mecánicos móbiles, baseada nos traballos de Evangelista Torricelli. Aproveitando o baleiro creado polo descenso da columna de mercurio pechada no interior dun tubo, conseguiu alcanzar niveis de baleiro non conseguidos con anterioridade. Os recipientes nos que se practica o baleiro deste xeito, chamados "Tubos de Geissler", tiveron un papel moi importante nos experimentos de descarga en tubos de baleiro e contribuíron ao estudo da electricidade e dos átomos.