Heinrich Daniel Ruhmkorff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tumba de Heinrich Daniel Ruhmkorff

Heinrich Daniel Ruhmkorff, nado o 15 de xaneiro de 1803 en Hannóver e finado o 20 de decembro de 1877 en París, foi un enxeñeiro alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ruhmkorff traballou en Inglaterra con Joseph Bramah, o inventor da presa hidráulica, trasladouse a París en 1830, e en 1855 abriu o seu propio negocio na capital francesa no que construía instrumentos electro-magnéticos, galvanómetros, aparellos de indución executados con gran perfección.

Ruhmkorff inventou a bobina de indución que leva o seu nome, ao primeiro utilizada para usos médicos, foi empregada como xerador de electricidade a alta tensión por físicos como Gustav Kirchhoff ou Heinrich Rudolf Hertz para os seus experimentos coas ondas ou por inventores como Guglielmo Marconi nas súas emisións de radio.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Heinrich Daniel Ruhmkorff