Heinkel He 177
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
| Heinkel He 177 | |
|---|---|
| He 177 | |
| Tipo | bombardeiro pesado |
| Fabricante | Heinkel |
| Deseñado por | Siegfried Gunter |
| Primeiro voo | novembro de 1939 |
| Introducido | 1942 |
| Retirado | 1945 |
| Principais usuarios | Luftwaffe |
| Construídos | 1.169 |
O Heinkel He 177 Greif (grifón) foi un bombardeiro pesado alemán da Segunda Guerra Mundial. Este problemático avión foi un intento tardío da Luftwaffe de conseguir un bombardeiro estratéxico e as súas primeiras unidades foron entregadas a mediados de 1942. Debido á súa grande bodega o He 177A podía levar unha carga considerable de bombas, pero debido a problemas mecánicos e estruturais rara vez realizou bombardeos estratéxicos, empregándose sobre todo en ataques contra barcos. A finais da guerra un He 177 foi modificado para levar a bomba atómica alemá.