Heinkel He 111
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Heinkel He 111 | |
|---|---|
| He 111K despegando | |
| Tipo | bombardeiro medio |
| Fabricante | Heinkel |
| Deseñado por | Siegfried and Walter Günter |
| Primeiro voo | 1934 |
| Introducido | 1936 |
| Retirado | 1945 (Luftwaffe) 1958 (España) |
| Estado | retirado |
| Principais usuarios | Luftwaffe |
| Produción | 1935 - 1944 |
| Construídos | 6.508 |
| Variantes | CASA 2.111 |
O Heinkel He 111 foi o principal bombardeiro alemán da Luftwaffe durante os primeiros anos da Segunda Guerra Mundial, destacando a súa participación na Batalla de Inglaterra. Foi tamén un dos protagonistas da Guerra Civil española. Usouse en todas as frontes durante a contenda mundial e realizou tamén labores de guía de formacións (equipado con equipos de radio especiais) e ataques contra barcos.
Na Guerra Civil española enviouse un He 111B para a súa avaliación por parte da Lexión Cóndor, e a partir de febreiro de 1937 uns 50 He 111B-1/2 chegarían a España. A partir de marzo de 1938 enviaríanse outros 45 He 111E-1, con maior carga de bombas, e os He 111B-1/2 pasaron a mans dos nacionalistas.