Heiner Müller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Heiner Müller
Nome completoReimund Heiner Müller
AlcumeMax Messer
Nacemento9 de xaneiro de 1929
 Eppendorf
Falecemento30 de decembro de 1995
 Berlín
Causacancro de larinxe
SoterradoDorotheenstädtischer Friedhof
NacionalidadeAlemaña
Ocupacióndramaturgo, escritor, poeta, director de cinema e realizador
PaiKurt Müller
CónxuxeInge Müller e Brigitte Maria Mayer
IrmánsWolfgang Müller
Coñecido/a porHamlet Machine
PremiosPrêmio Georg Büchner, National Prize of East Germany, Kleist Prize, Heinrich Mann Prize, Mülheimer Dramatikerpreis e Europe Theatre Prize
Na rede
http://www.heinermueller.de/
IMDB: nm0618179 Bitraga: 3879 Musicbrainz: 86a833c6-6a40-4b11-b760-24337ffd0856 Discogs: 233317 Find a Grave: 133382611 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Heiner Müller, nado Eppendorf (Saxonia) o 9 de xaneiro de 1929 e finado en Berlín o 30 de decembro de 1995, foi un dramaturgo e escritor alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Afiliouse ao Partido Socialista Unificado de Alemaña (Sozialistische Einheitspartei Deutschlands, SED) en 1947 e serviu á Asociación de Escritores Alemáns (Deutscher Schriftsteller-Verband, DSV) desde 1954. Na década dos anos cincuenta, converteuse nun dos dramaturgos máis importantes da República Democrática Alemá e gañou o Premio Heinrich Mann en 1959.

Porén, as súas relacións co réxime xermano-oriental comezaron a deteriorarse a raíz da estrea do seu drama Die Umsiedlerin (A colona), que foi censurado en 1961 logo dunha única representación. Müller foi expulsado da Asociación de Escritores ese ano. O goberno xermano oriental mantivo as obras de Müller baixo cautela durante os anos seguintes, impedindo a estrea de Der Bau (Obra de construción) en 1965 e censurando Mauser a comezos dos setenta. Müller comezou a traballar con grupos e compañías de teatro de Alemaña Occidental durante os anos setenta e oitenta, dirixindo a estrea dalgúns dos seus traballos máis coñecidos en Múnic (Germania Tod in Berlin (Germania, Morte en Berlín), 1978), Essen (Die Hamletmaschine (Máquina Hamlet), 1979) e Bochum (Der Auftrag (A misión), 1982).

A súa fama permitiu a Müller obter outra vez unha aceptación máis extensa en Alemaña Oriental. Foi admitido na Academia das Artes da RDA en 1984 —dous anos despois de ser membro da Academia das Artes de Berlín Oeste. A pesar destas honras, non foi readmitido na Asociación de Escritores de Alemaña Oriental ata 1988, pouco antes da desaparición da RDA. Logo da caída do Muro de Berlín, Müller aínda mantivo a presidencia da Academia das Artes da RDA durante un breve período en 1990.

Os últimos cinco anos da súa vida continuou vivindo en Berlín e traballou por toda Alemaña e Europa, particularmente na produción de representacións das súas propias obras. Escribiu algúns textos dramáticos novos, e escribiu moita poesía.

En 1990 foi convocado para dirixir Tristán e Isolda de Wagner no Festival de Bayreuth. A súa única produción para o xénero lírico é un testamento da súa recia estética. Foi dirixida por Daniel Barenboim coa participación de Waltraud Meier e Siegfried Jerusalem.

Müller faleceu en Berlín Este en 1995, despois de ter obtido o recoñecemento como un dos maiores autores alemáns e o dramaturgo alemán máis importante desde Bertolt Brecht.

Entre as súas obras máis coñecidas, ademais das xa citadas, están Der Lohndrücker (A costra), Wolokolamsker Chaussee (O camiño a Wolokolamsk) Partes I-V, Verkommenes Ufer Medeamaterial Landschaft mit Argonauten (Ribeira espoliada Medea-material paisaxe con argonautas), Philoktet (Filoctetes), Zement (Cemento), Bildbeschreibung (Descrición dun cadro) e Quartett (Cuarteto).

Traducións ao galego[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]