Heban
| Heban | ||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||
|
Heban é unha obra literaria de Ryszard Kapuściński, escrita en lingua polaca e publicada en 1998. A obra foi traducida a diversas linguas, como o inglés (The Shadow of the Sun, 2001) ou o castelán (Ébano, 2000).
Características [editar]
A obra componse de 29 relatos, ordenados de forma cronolóxica. Narra en primeira persoa as peripecias do autor mentres traballou como xornalista en África entre 1957 e a década de 1990. A obra está formada por un conxunto de 29 relatos escritos ao longo do tempo, formando unha visión da xeografía física e humana do continente negro, amais dun retrato do propio autor. Vaise relatando o proceso histórico vivido desde a esperanzadora descolonización a mediados do século XX, até as guerras e fames vividas na última década.
Sendo consciente da culpabilidade da herdanza colonial europea, non deixa de relatar os numerosos problemas das sociedades africanas e de criticar os conflitos dos seus gobernos.