Heat Capacity Mapping Mission
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Científico |
| Fabricante | |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 26 de abril de 1978[1][2][3] |
| Foguete portador | Scout F[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][4] |
| Obxectivo da misión | Estudo térmico da superficie terrestre[2][4] |
| Decaemento | 22 de decembro de 1981[1] |
| NSSDC ID | 1978-041A |
| Masa | 117 kg[2][4] |
Heat Capacity Mapping Mission, tamén coñecido polo seu acrónimo HCMM, como Explorer 58 e como AEM-A (Applications Explorer Missions-A), foi un satélite científico da NASA lanzado o 26 de abril de 1978 desde a base Vandenberg da Forza Aérea a bordo dun foguete Scout F.[4][2]
Índice |
Características [editar]
A misión de HCMM foi facer unha exploración térmica precisa e a alta resolución da superficie terrestre. O satélite constaba de dous módulos:[4][2]
- o módulo instrumental, que contiña o radiómetro e o seu soporte.[4][2]
- o módulo base, co sistema de control, comunicacións, alimentación e comando.[4][2]
HCMM estabilizábase mediante xiro, a unhas 14 revolucións por minuto,[4][2] e foi inxectado nunha órbita heliosincrónica de 558 km de perixeo, 639 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 97,6 graos e un período de 96,7 minutos.[3] ideada para medir temperaturas superficiais cerca do máximo e o mínimo do ciclo diúrno.[4][2]
O satélite non tiña capacidade de almacenamento de datos, polo que tiñan que emitirse e recibirse en tempo real nalgunha das sete estacións terrestres con capacidade para elo. O ciclo de repetición da comunicación coas estacións era de 16 días.[4][2]
Entre o 21 e o 23 de febreiro de 1981 a órbita de HCMM foi baixada de 620 km a 540 km para evita-lo desplazamento do plano orbital a ángulos solares pouco favorables para os paneis solares. A misión finalizou o 30 de setembro de 1980.[4][2]
Resultados [editar]
Os datos de HCMM foron utilizados, entre outras cousas, para facer unha análise cuantitativa e construir un modelo de simulación de comportamento do solo respecto do auga con potencial uso en agricultura.[5]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "HCMM" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2012. http://www.n2yo.com/satellite/?s=10818. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 "HCMM" (en inglés). 4 de novembro de 2011. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1978-041A. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 "Note verbale dated 28 July 1978 from the Permanent Representative of the United States addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (78-17687): 4. 9 de agosto de 1978. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=287.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 "Explorer: HCMM (AEM 1)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2011. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/explorer_hcmm.htm. Consultado o 15 de marzo de 2012.
- ↑ Nieuwenhuis, G. J. A.. "Application of HCMM satellite and airplane reflection and heat maps in agrohydrology". Advances in Space Research 1 (10): 71-86. http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/0273117781903823.