Heat 1X Tycho Brahe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
lift-off - Heat 1X & Tycho Brahe

Heat-1X-Tycho-Brahe é a denominación dada ao primeiro foguete espacial contruído de maneira voluntaria e sen ánimo de lucro[1] (financiado con doazóns e sponsors) que pretendía alcanzar unha altura de 30 quilómetros o 5 de setembro de 2010, obxectivo fallado na primeira tentativa, na illa de Bornholm, a causa dunha mala conexión electrica[2].

Historia e características[editar | editar a fonte]

Os creadores do proxecto, Peter Madsen e Kristian von Bengtson.

Trátase dunha iniciativa privada a cargo dos enxeñeiros Peter Madsen e Kristian von Bengtson, que soamente contou cun orzamento de 300.000 coroas[3] A construción correu a cargo deles, así como o financiamento, para o cal se valeron de patrocinadores e doazóns.[4]

O foguete tiña unha lonxitude de 9 metros e un peso de 1,6 toneladas.[5] O nome vénlle en homenaxe a Tycho Brahe, figura destacada da astronomía dinamarquesa grazas a, entre outras cousas, as súas observación de supernova 1572.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]