Hauksbók

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Hauksbók (Libro de Haukr) é un dos poucos manuscritos noruegueses dos que coñecemos o autor. O seu nome era Haukr Erlendsson (?-1334), desde o principio o manuscrito foi chamado Hausbók polo seu autor. Foi parcialmente escrito polo propio Haukr e en parte por axudantes. O libro contén versións, ás veces as únicas versións amplas, dalgúns antigos textos islandeses, como o Landnámabók, a saga Fóstbrœðra, a saga rauða de Eirík, a saga Hervarar e o Völuspá.

Evidencias paleográficas permitiron a Stefán Karlsson datar o manuscrito entre 1302 e 1310 ("Aldur Hauksbókar", 'Fróðskaparrit', 13 (1964), 114–21).

O libro contén unha sección de Matemáticas de aproximadamente 6 ou 7 páxinas, chamada Algorismus. Este é o texto matemático máis antigo nun idioma escandinavo. Trátase probablemente dunha tradución do latín dalgunhas páxinas incluídas en libros máis antigos como Carmen de Algorismo de De Villa Dei de 1200, Liber Abaci de Fibonacci de 1202 e Algorismus Vulgaris de De Sacrobosco de 1230.