Hapoel Gilboa Galil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Hapoel Gilboa Galil Elyon")
Hapoel Gilboa Galil
הפועל גלבוע גליל
Hapoel Gilboa Galil.jpg
Competición Flag of Israel.svg Ligat ha'Al
Fundado 2008
Cidade Flag of Israel.svg Gan Ner (Israel)
Pavillón Gan Ner Sports Hall (2.500)
A Man de Elías (11.700)
Cores           Vermello e branco
Presidente Haim Ohayon
Adestrador Lior Liubin
Ligat ha'Al 1 (2010)
Vestimenta And1
Sitio Web www.gilboa-galil.co.il

O Hapoel Gilboa Galil (en hebreo: הפועל גלבוע גליל‎) é un equipo profesional de baloncesto israelí con sede na cidade de Gan Ner. O club xoga na Ligat ha'Al, máxima competición israelí. O equipo xoga os seus partidos como local no pavillón Gan Ner con capacidade para 2500 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 2008 pola fusión do Hapoel Gilboa (que previamente se fusionara co Hapoel Afula, os cales recuperaron a súa independencia) e o Hapoel Galil Elyon. O club continuou coa praza do Hapoel Galil Elyon na Ligat ha'Al, a primeira división de baloncesto israelí. O acordo de fusión foi nun principio para xogar o 70% dos partidos na cidade de Gan Ner e o outro 30% do Hapoel Galil Elyon en Kfar Blum, aínda que na práctica a gran maioría dos encontro xóganse en Gan Ner.

En maio de 2010, o Hapoel Gilboa Galil gañou o campionato despois de derrotar aos campións defensores do título, e grandes dominadores do baloncesto de Israel, o Maccabi Tel Aviv, cun marcador de 90-77 na final dos playoffs.

Títulos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]