Hapoel Gilboa Galil
|
||
|---|---|---|
| Competición | ||
| Fundado | 2008 | |
| Cidade | ||
| Pavillón | Gan Ner Sports Hall (2.500) A Man de Elías (11.700) |
|
| Cores | Vermello e branco | |
| Presidente | Haim Ohayon | |
| Adestrador | Lior Liubin | |
| Ligat ha'Al | 1 (2010) | |
| Vestimenta | And1 | |
| Sitio Web | www.gilboa-galil.co.il | |
O Hapoel Gilboa Galil (en hebreo: הפועל גלבוע גליל) é un equipo profesional de baloncesto israelí con sede na cidade de Gan Ner. O club xoga na Ligat ha'Al, máxima competición israelí. O equipo xoga os seus partidos como local no pavillón Gan Ner con capacidade para 2500 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
O club foi fundado en 2008 pola fusión do Hapoel Gilboa (que previamente se fusionara co Hapoel Afula, os cales recuperaron a súa independencia) e o Hapoel Galil Elyon. O club continuou coa praza do Hapoel Galil Elyon na Ligat ha'Al, a primeira división de baloncesto israelí. O acordo de fusión foi nun principio para xogar o 70% dos partidos na cidade de Gan Ner e o outro 30% do Hapoel Galil Elyon en Kfar Blum, aínda que na práctica a gran maioría dos encontro xóganse en Gan Ner.
En maio de 2010, o Hapoel Gilboa Galil gañou o campionato despois de derrotar aos campións defensores do título, e grandes dominadores do baloncesto de Israel, o Maccabi Tel Aviv, cun marcador de 90-77 na final dos playoffs.
Títulos [editar]
- Ligat ha'Al: 1
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en hebreo)