Haploloxía
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A haploloxía é un tipo de metaplasmo por redución mediante a síncope silábica: consiste en que dúas sílabas en contacto cunha secuencia fónica moi semellante se simplifican nunha soa, ou, dito doutro xeito, unha sílaba suprímese cando na mesma palabra aparecen xunto a outra iniciada pola mesma consoante. Este proceso pode darse na evolución da lingua ou en termos cultos da actualidade, normalmente para evitar a cacofonía:
- a verba latina subsolanum orixina en galego medieval sosolano, que coa caída das consoantes intervocálicas queda sosoão, con crase das vogais finais produce sosoá e por haploloxía simplifica no soá do galego moderno;
- a palabra co étimo perdita sonorizouse a oclusiva dental xorda e abriuse o grao da vogal postónica breve latina no fonema / ɛ / e quedou en galego medieval pérdeda: posteriormente por haploloxía, reduciuse ao actual perda.
- outros casos son os cultismos traxicómico dun orixinal tráxico-cómico e idolatría, inicialmente idololatría.
| Metaplasmo |
| aumento: prótese - epéntese - anaptixe - paragoxe |
| acurtamento ou elisión: aférese - síncope - apócope |
| transposición: metátese |
| amálgama: contracción - sinérese - haploloxía - sandhi - sandhi tonal |