Hao Ran

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHao Ran
Biografía
Nacemento1932 Editar o valor em Wikidata
Hebei, República Popular da China (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte20 de febreiro de 2008 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaMandarín estándar Editar o valor em Wikidata

Hao Ran (chinés tradicional e simplificado: 浩然; pinyin: Hào Rán; Wade-Giles: Hao4 Jan2), alcume literario de Liang Jinguang (梁金广), foi un escritor chinés nado en 1932 e finado o 20 de febreiro de 2008.[1] O seu relato "A nova nora" foi publicado en galego por Edicións Xerais, na escolma Flores e leña (1982).[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hao Ran naceu nunha familia humilde nunha aldea de Tangshan.[3] Quedou orfo de pai aos dous anos, e a súa nai morreu cando el tiña doce anos.[3] En 1946, entrou no Partido Comunista da China, onde se dedicou a escribir material de propaganda.[3] Tamén traballou na revista teórica do Partido, Bandeira Vermella.[1] En 1949, publicou o seu primeiro relato, "O progreso da miña irmá", na revista literaria A xuventude de Hebei.[3] En 1958, saíu ao prelo o seu primeiro libro, un conxunto de relatos.[3] En 1962, publicou a súa primeira novela, Yan Yangtian 艳阳天 ("O sol brillante"), seguida por dúas partes máis en 1965.[1][3] Foi un dos poucos intelectuais que non foi perseguido durante a Revolución Cultural, chegando a converterse nun modelo a seguir durante este período.[1][3] Posteriormente, desapareceu da escena literaria chinesa.[3]

Traducións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Hao Ran: Writer of the Revolution - Asia for Educators - Columbia University". afe.easia.columbia.edu. Consultado o 2023-12-04. 
  2. "Fernando Pérez-Barreiro Nolla - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-12-04. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Flores e leña: Narracións chinesas contemporáneas. Edicións Xerais. 1982. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • 浩然 (La literatura china traducida en España)