Hans Jakob Christoffel von Grimmelshausen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hans Jakob Christoffel von Grimmelshausen

Hans Jakob Christoffel von Grimmelshausen, nado en Gelnhausen en 1621 e falecido o 17 de agosto de 1676, foi un escritor alemán.

Aos dez anos foi secuestrado por un soldado de Hessen, participando así da vida militar durante a Guerra dos Trinta Anos, ao seu remate entrou ao servizo de Franz Egon von Fürstenberg, bispo de Estrasburgo. en 1665 converteuse en maxistrado (schultheiss) en Renchen en Baden, dedicándose a partir de entón a escribir, en 1668 publicou Der abenteuerliche Simplicissimus Teutsch, d.h. die Beschreibung des Lebens eines seltsamen Vaganten, genannt Melchior Sternfels von Fuchsheim, a máis importante das novelas alemás do século XVII, tomando como modelo a novela picaresca castelá e baseándose en gran medida nas súas propias aventuras. A esta seguíronlle outras tres que lle serven como complemento:

  • Trutz Simplex oder Lebensbeschreibung der Ertzbetrügerin und Landstörtzerin Courasche (1669)
  • Der seitsame Springinsfeld (1670)
  • Das wunderbarliche Vogelnest (1672)