Hanna Schygulla
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Hanna Schygulla (Königshütte hoxe Chorzów, Alta Silesia, hoxe Polonia, 25 de decembro, 1943). Actriz e cantante alemana.
Estudou interpretación en Múnic, e alí coñeceu a Rainer Werner Fassbinder. Uniuse a mediados dos 60 ao seu grupo de teatro underground e protagonizou moitas das súas películas ata a morte do director, en 1982.
Os seus principais papeis nas películas de Fassbinder foron:
- Marie en Katzelmacher (1969)
- Johanna en O amor é máis frío que a morte (1969)
- Johanna en A viaxe a Nicklashausen (1970)
- Hanna en Whity (1971)
- Berta en Pionieros in Ingolstadt (1971)
- Hanna en Atención a esa prostituta tan querida (1970)
- Karin en Die bitteren Tränen der Petra von Kant (1972)
- Effi Brest en Fontane Effi Briest (1974)
- Maria Braun en Die Ehe der Maria Braun (1978)
- Susanne Gast en Die dritte Generation (1979)
- Willie en Lili Marleen (1980)
Traballou con outros directores alemáns como Wim Wenders ou Margarethe von Trotta, e tamén fora de Alemaña con Jean-Luc Godard, Carlos Saura ou Marco Ferreri. Desde 1981 vive en París.
Tamén actúa como cantante por teatros de todo o mundo.