Hank Azaria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Hank Azaria | |
|---|---|
| Nacemento | Henry Albert Azaria 25 de abril de 1964 (49 anos) Nova York, Estados Unidos |
| Profesión | Actor (1986 ata o presente) |
| Ficha na IMDb | |
Henry Albert "Hank" Azaria[1], nado o 25 de abril de 1964 en Nova York, é un actor estadounidense.
Traxectoria [editar]
Recoñecido por ser un dos principais actores de voz da serie de televisión The Simpsons, onde lle pon voz aos personaxes de Moe Szyslak, ao Xefe de policía Clancy Wiggum, Apu Nahasapeemapetilon e outros moitos. Tamén apareceu en numerosos filmes como Unha gaiola de grilos, Godzilla ou Along Came Polly, na serie Huff, onde interpreta ao protagonista principal, tamén apareceu na obra de teatro musical Spamalot. Orixinalmente actor cómico, nos últimos anos optou por papeis máis dramáticos como nos filmes Tuesdays With Morrie e Uprising. Gañou catro Emmys e un Screen Actors Guild .
Notas [editar]
- ↑ Richard Ouzounian (2007-12-08). "The essentials". The Star (Toronto). http://www.thestar.com/entertainment/article/283296. Consultado o 2010-06-14.