Hang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hang
Hang dende tódolos lados.
Información
ClasificaciónInstrumento de percusión
Fabricantes notablesFelix Rohner, Sabina Schärer

O hang (pronunciación alemá [haŋ],[1] e en plural: Hanghang[2]) é un instrumento musical idiófono creado no ano 2000 por Felix Rohner e Sabina Schärer en Berna, Suíza. O nome da súa empresa é PANArt Hangbau AG.[3]

O instrumento está feito por dúas medias cunchas de aceiro nitrurado[4][5] pegadas xuntas nos bordos, deixando o interior oco, o que lle confire a súa característica forma de 'OVNI'. O saínte da parte superior ("Ding") é a nota central e básica, e os outros sete ou oito tons sitúanse arredor deste. A superficie lisa ("Gu") ten un burato no centro cunha nota sintonizado que pode ser executada cando se golpea o canto.

A creación do hang foi o resultado de varios anos de investigación do steelpan e outros instrumentos.[6] Os seus inventores continuaron a mellorar a forma e os materiais e produciron novas variacións cos anos. O nome Hang provén da palabra do alemán de Berna para man. É unha marca rexistrada propiedade de PANArt Hangbau AG.[7]

Exemplos do son[editar | editar a fonte]

Primeira xeración de Hang (2005) tocada horizontalmente.
Segunda xeración de Hang (2007) tocada verticalmente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bibliographisches Institut & F.A. Brockhaus AG, ed. (2006). Duden Aussprachewörterbuch (6 ed.). Mannheim. 
  2. PANArt Hang Booklet 2008 p. 8
  3. David Wessel, Andrew Morrison, Thomas Rossing: Sound of the Hang. Paper for the 155. Meeting of the Acoustical Society of America, Paris 2008, pp. 6257-6262 (PDF file; 1,5 MB Arquivado 23 de xullo de 2012 en Wayback Machine.).
  4. Felix Rohner, Sabina Schärer: History, Development and Tuning of the Hang. pp. 1f
  5. Lukas Vogelsang: Die Welt ist Blech. Über einen neu gefundenen Klang. In: ensuite – kulturmagazin. Bern, issue no. 4, April 2004, pp. 4-5 (PDF file; 2,8 MB). (alemán)
  6. PANArt Hang Booklet 2008 pp. 4ff
  7. WIPO ROMARIN Arquivado 25 de marzo de 2012 en Wayback Machine.. International Registration Number 969295