Haluro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Un haluro é un composto químico formado por un só átomo de calquera elemento (xa que os halóxenos reaccionan neste caso coa valencia 1) da táboa periódica (agás os gases nobres), e un número de átomos dun halóxeno (flúor, cloro, bromo, iodo, e, en ocasións, astato) que é igual á valencia do elemento co que reacciona.
Tipos de haluros [editar]
Existen dous tipos fundamentais de haluros:
- Cando un haluro reacciona cun metal, dá lugar a unha SAL NEUTRA , na que o metal cede os seus electróns de valencia ó halóxeno, dando lugar a compostos coma o cloruro de sodio (NaCl) ou o fluoruro crómico (formado por seis átomos de flúor e un de cromo)
- Se o halóxeno reacciona cun non metal, entón dá lugar a unha SAL VOLÁTIL, formada por enlaces de tipo covalente, en ocasións, as sales volátiles están formadas por dous halóxenos (como é o caso do cloruro de bromo BrCl)