Hal Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hal Pereira, nado en Chicago, Illinois o 29 de abril de 1905 e finado en Os Ánxeles, California o 17 de decembro de 1983, foi un director de arte estadounidense que traballou en Hollywood entre as décadas de 1940 e 1960.

Traxectoria [editar]

Estudou na Universidade de Illinois e posteriormente traballou na industria cinematográfica durante máis de 20 anos, durante os cales participou en máis de 200 filmes. A pesar de ter sido candidato ao Oscar en 23 oportunidades, gañouno só unha vez, en 1955, pola súa labor n´A rosa tatuada (The Rose Tattoo).

Foi do director artístico da serie de televisión Bonanza.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]