Hair (musical)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hair, subtitulada The American Tribal Love/Rock Musical, é unha ópera beat sobre a cultura hippie dos anos 1960 nos Estados Unidos, que trata de temas como o amor, a paz, a liberdade sexual ou o uso de drogas, polo que produciu certo impacto na época, xa que incluía, ademias, os espidos integrais de todos os actores e actrices nalgunhas escens.

Máis alá de todo isto, o musical Hair deixou algunhas das cancións máis coñecidas en todo o mundo até hoxe en día, como Aquarius ou Let the Sunshine in.

A obra foi orixinalmente escrita por James Rado e Gerome Ragni (letra), e Galt MacDermot (música).

As primeiras representacións, a xeito de proba, realizáronse en 1967 nun club chamado The Cheetah, para pasar a estrearse no Public Theater do off-Broadway o 17 de outubro de 1967 con bastante éxito, trasladándose despois ao Biltmore Theater de Broadway o 29 de abril de 1968, onde se mantivo durante 1.472 representacións.

A estrea en Londres produciuse o 27 de setembro de 1968, no Shaftesbury Theatre, tendo lugar 1.998 representacións até o peche forzado do teatro polo afundimento do teito en xullo de 1973. A obra representouse múltiplas veces en todo o mundo, e até os nosos días.

En 1979 estreouse unha película baseada no musical e co mesmo nome (Hair), dirixida por Miloš Forman e protagonizada por Treat Williams, Beverly D'Angelo e John Savage.

A banda sonora, tanto da obra teatral como da película, foi editada nos distintos formatos habidos desde a súa estrena.

Significación política e cultural[editar | editar a fonte]

A obra desafiou muoitas das normas establecidas pola sociedade occidental daquela época, e causou gran controversia desde a súa estrena, xerando moita publicidade o final do Acto I, en que actores e actrices aparecían espidos no escenario.

Isto converteuse nunha cuestión legal cando a representación saiu de xira polos Estados Unidos, porque el desnudo teatral era aceptábel en Nova York daquela, pero era descoñecido notros lugares. A obra tamén foi acusada nos tribunais por desprezo á bandiera estadounidense e polo uso de linguaxe obscena, chegando o caso até o Tribunal Supremo dos Estados Unidos.

No Reino Unido a controversia xerada en torno ao musical significou o fin da censura nos escenarios teatrais do país.

Últimas producciones[editar | editar a fonte]

  • O produtor orixinal Michael Butler colaborou coa La Guardia High School of Music & Art and Performing Arts de Nova York para lanzar unha produción de Hair en decembro de 2005.
  • Volveu a estrearse en marzo de 2009 en Broadway, con Gavin Creel no papel de protagonista de Claude.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]