Georg Friedrich Händel
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Haendel")
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Georg Friedrich Händel | |
Retrato de Georg Friedrich Händel pintado por Balthasar Denner en 1733. |
|
| Nome completo | Georg Friedrich Händel |
| Data de nacemento | 23 de febreiro de 1685 |
| Lugar de nacemento | Halle, |
| Data de falecemento | 14 de abril de 1759 |
| Lugar de falecemento | Londres, |
| Instrumento(s) | Órgano |
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical inglés de orixe alemá, considerado unha das cumes do barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.
Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda una era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía, e cultivou tamén a ópera seria italiana e o oratorio.