Hadrián III, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hadrián III, papa
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoRoma
Falecemento885 e 885
Lugar de falecementoSan Cesario sul Panaro
SoterradoAbadia de Nonantola
NacionalidadeEstados Pontificios
Relixióncatolicismo
Ocupaciónpolítico, sacerdote católico e bispo católico
Períodoentre o 884 e o 885
Coñecido porser o papa n° 109 da igrexa católica
OrganizaciónIgrexa católica
CargosBispo de Roma
Na rede
WikiTree: Di_Roma-39
editar datos en Wikidata ]
Hadrián III

Hadrián III, nado en Roma e finado en San Cesario sul Panaro, Módena o 17 de setembro de 885, foi Papa da Igrexa católica do 884 ao 885.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante o seu breve pontificado, e seguindo a liña da súa predecesor, Mariño I, renovou a excomuñón do antigo patriarca de Constantinopla Focio.

Manifestou que a consagración do Papa non precisaba do consentimento imperial, pero respondeu á petición do emperador Carlos III o Gordo para que acudise á Dieta, que co obxectivo de resolver a sucesión do trono imperial, se celebraría en Worms. Cando o Papa se dirixía ao encontro, morreu preto de Módena, o 7 de setembro do 885 e foi enterrado no mosteiro de Nonantula.

Veneración[editar | editar a fonte]

Ao pouco da súa morte foi proclamado santo, sen que se coñezan os motivos. Parece que durante unha carestía o seu auxilio á poboación de Roma o fixo moi popular. Venerado, a súa canonización foi impugnada, e non foi confirmada, pero si tolerada, ata que León XIII, o 2 de decembro do 1891, decretou o culto oficial.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.