Hachinohe
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Hachinohe na prefectura de Aomori | |||
| Localización da prefectura de Aomori no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Tōhoku | ||
| Prefectura | Prefectura de Aomori | ||
| Superficie | 305,19 km2 | ||
| Poboación | 239.608 (2009) | ||
| Densidade | 785 h/km² | ||
| Alcalde | Makoto Kobayashi | ||
Hachinohe (八戸市, はちのへし, Hachinohe-shi) é un concello da prefectura de Aomori no Xapón. Está situado ó norte da rexión de Tōhoku e ó sureste da prefectura, no norte da illa de Honshū. Ten 305,19 km² de superficie, unha poboación de 239.608 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 785 h/km². Hachinohe é a segunda cidade máis poboada da prefectura.
O concello de Hachinohe limita cos concellos de Nanbu, de Gonohe, de Oirase, de Hashikami (son da prefectura de Aomori); e de Karumai (da prefectura de Iwate).
Cidades irmandadas [editar]
Federal Way, Estado de Washington, EE.UU. (1993)