Ha'apai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa do grupo Gálvez (Ha´apai)

O grupo Gálvez (Ha´apai) é o grupo central das illas de Tonga. Está situado a uns 150 km ao norte de Ámsterdan (Tongatapu). As illas principais son Lifuka e Foa, as máis poboadas, situadas case xuntas. En Lifuka, que ás veces tamén se chama Ha´apai, atópase a capital do grupo, Pangai.

Xeografía[editar | editar a fonte]

En total son 68 illas, a maioría illas baixas de coral ou atois, agás algunhas illas volcánicas entre as que destacan os volcáns activos de Tofua e Kao, e o mergullado de Fonuafo'ou, todos eles situados ao oeste do grupo. A altitude máxima localízase en Kao con 1.046 m.

A poboación total era de 8.138 habitantes no censo de 1996. A superficie total é de 109,3 km². As dúas illas de Lifuka e Foa, unidas por un paso elevado, concentran practicamente a metade da poboación, coa metade da área total sen contar os volcáns. A actividade volcánica é importante ao oeste do grupo, a 70 km de Lifuka.

O grupo Gálvez (Ha´apai) forma unha división administrativa, cun gobernador e representación ao Parlamento. Está dividido en seis distritos que inclúen dezasete illas habitadas. Xeograficamente pódense agrupar en tres subgrupos de norte a sur, máis un grupo de volcáns ao oeste:

Subgrupo Illa Poboación (1996) Área (km²) Densidade
Lifuka Ofolanga
Mo´unga´one 185 1,17 158,1
Ha´ano 588 6,58 89,4
Foa 1.434 13,39 107,1
Lifuka 2.966 11,42 259,7
Uoleva
´Uiha 757 5,36 141,2
Lofanga 186 1,45 128,3
Fotuha´a 138 1,14 121,1
Kotu Kotu 222 0,34 652,9
Ha´afeva 313 1,81 172,9
Tungua 282 1,53 184,3
´Ou´ua 178 0,98 181,6
Matuku 149 0,34 438,2
Nomuka Nomuka 550 7,12 77,2
Nomuka Iki
Fonoifua 104 0,39 266,7
Mango 81 0,65 124,6
Volcáns Kao
Tofua 5 55,63 0,1
Fonuafo'ou
Hunga Tonga
Hunga Ha´apai
TOTAL 8.138 109,30 74,5

Historia[editar | editar a fonte]

Existen catro xacementos importantes da cultura lapita nas illas Lifuka, ´Uiha, Ha´afeva e Ha´ano. Datan de fai uns 2700 anos.

O primeiro europeo en chegar, en 1664, foi o holandés Abel Tasman á illa Nomuka que bautizou como Róterdam, como a Róterdam de Holanda. O inglés James Cook estivo longas estancias. Na súa segunda viaxe, en 1774, visitou as illas que denominaba Anamocka (Róterdam), Amattafoa (Tofua) e Oghao (Kao). Na súa terceira viaxe estivo once semanas, en 1777, en Lifuka onde lle ofreceron diversos banquetes e festas o cal levou a que bautizase ao grupo como illas dos Amigos (Friendly Islands), nome que durante anos se estendeu ao resto de Tonga. Tres anos máis tarde Francisco Mourelle descubriu diversas illas menores e nomeou ao grupo illas Gálvez en honra a José de Gálvez ministro de Indias.

William Bligh, que xa estivera con James Cook, en 1789 de regreso de Tahití sufriu entre Lifuka e Tofua o famoso amotinamiento do HMS Bounty.

Aínda que a dinastía Tu´i Tonga de Ámsterdan Tongatapu tiña unha autoridade formal sobre as illas, estaban a miúdo en guerra con Ha´apai. Logo da chegada dos misioneiros wesleyanos a Lifuka, o xefe de Ha´apai Taufa´ahau converteuse ao cristianismo. Acabou coa autoridade dos Tu´i Tonga logo de nove séculos, unificou o reino, e proclamouse rei co nome de George Tupou I, en 1845. Nun principio Pangai foi a nova capital de Tonga. O actual rei Taufa´ahau Tupou IV é o cuarto descendiente.