HP-UX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  
Desenvolvedor
Familia de S.O.
Lanzamento
En galego
Espazo de usuario
Interface de usuario
Modelo de desenvolvemento
Núcleo
Tipo de núcleo
Licenza
Última versión estable ()
Estado actual
Precedido por
Sucedido por
Sitio web

HP-UX (Hewlett Packard UniX) é unha versión de Unix desarrollada e mantida por Hewlett-Packard (HP) desde 1983, executable tipicamente sobre procesadores HP PA RISC e nas súas últimas versións sobre Intel Itanium (arquitectura Intel de 64 bits); a pesar de estar basada ampliamente en System V incorpora importantes características BSD. Na actualidade a última versión do sistema operativo é a 11.23, aínda que existen numerosas instalacións de sistemas máis antigos, especialmente HP-UX 10.x ou incluso 9.x.

HP-UX é, como a maior parte de Unixs comerciais, un entorno de traballo flexible, potente e estable, que soporta un amplo abanico de aplicacións que van desde simples editores de texto a complicados programas de deseño gráfico ou cálculo científico, pasando por sistemas de control industrial que inclúen planificacións de tempo real.

Durante os últimos anos Hewlett-Packard, como moitos outros fabricantes, parece que se interesou bastante pola seguridade en xeral, e en concreto polos sistemas de protección para os seus sistemas; proba disto é a gama de produtos relacionados con este campo desarrollados para HP-UX, coma o sistema de detección de intrusos IDS/9000 para HP-UX 11.x correndo sobre máquinas HP-9000 ou a utilidade Security Patch Check, similar ó PatchDiag de Sun Microsystems. Tamén é importante destacar as grandes melloras en canto a seguridade do sistema se refire entre HP-UX 9.x, HP-UX 10.x e moi especialmente HP-UX 11.x. Este sistema é bastante utilizado para ordenadores científicos, coma os do Centro de supercomputación de Galicia (CESGA)[1]

Características[editar | editar a fonte]

A versión HP-UX 11i v2 pode controlar:

  • 128 procesadores (expandible a 256)
  • 1 Terabyte(TB) de memoria RAM
  • Particións do disco duro de 32 TB
  • Ficheiros de 2 TB de tamaño

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]