High Energy Astronomy Observatory 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «HEAO 3»)
HEAO 3 / High Energy Astronomy Observatory 3
HEAO 3 antes de ser lanzado.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento20 de setembro de 1979, 5:28 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas-Centaur[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 36B[2][6]
Obxectivo da misiónObservación astronómica no rango dos raios X e dos raios gamma.[2][6]
Decaemento7 de decembro de 1981[1]
NSSDC ID1979-082A
Masa2666,0 kg[2][5][6]

HEAO 3 (acrónimo de High-Energy Astronomy Observatory 3) foi un observatorio espacial da NASA lanzado o 20 de setembro de 1979 mediante un foguete Atlas-Centaur desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

HEAO 3 formou parte dunha serie de tres observatorios espaciais adicados á observación no rango dos raios X e raios gamma, continuando o traballo feito por satélites como o ANS, os satélites das series OSO e SAS e os satélites Vela.[2][5]

A misión de HEAO 3 era facer unha exploración de todo o ceo en raios gamma e raios cósmicos. Foi lanzado cunha inclinación orbital máis alta que HEAO 1 e HEAO 2 debido a que estaba máis enfocado ó estudo dos raios cósmicos, que penetran mellor na magnetosfera terrestre cerca dos polos. Os obxectivos principais eran determinar a composición isotópica dos raios cósmicos con masas atómicas entre 7 e 56, buscar raios cósmicos formados por núcleos superpesados, de masas de ata 120, e estudar a intensidade, espectro e evolución temporal de fontes de raios gamma e X con enerxías entre 0,06 e 10 MeV.[2][5]

HEAO 3 foi inxectado nunha órbita inicial de 504 km de apoxeo e 485 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 43,6 graos e un período de 94,5 minutos. Reentrou na atmosfera o 7 de decembro de 1981.[1][3][6]

Experimentos[editar | editar a fonte]

HEAO 3 levaba a bordo catro experimentos:[2][5]

  • Espectrómetro linear de raios gamma.
  • Detector de núcleos pesados.
  • Espectrómetro de escudo para raios gamma.
  • Medidor de composición isotópica de raios cósmicos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "HEAO 3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (27 de marzo de 2013). "HEAO 3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 10 December 1979 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (79-38784): 3. 18 de decembro de 1979. Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "HEAO 3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "HEAO 3" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2011). "HEAO" (en inglés). Consultado o 13 de abril de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]