HD DVD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

HD DVD (High Density Digital Versatile Disc ou High Definition Digital Video Disc) é un formato de almacenamento óptico desenvolvido como un estándar para o DVD de alta definición. O HD DVD foi promovido por Toshiba, NEC, Sanyo e máis recentemente por Microsoft e Intel. O disco do HD DVD mide 120 mm de diámetro, ten 0.6 mm de grosor.

Proposto por Toshiba e NEC en agosto de 2002 ó DVD Forum (Asociación internacional que se encarga de definir os formatos DVD), este elixiuno o 19 de novembro de 2003 como o formato de vídeo de alta definición sucesor do DVD. Os primeiros modelos de reprodutores saíron ó mercado o 31 de marzo de 2006 no Xapón e o 18 de abril de 2006 nos Estados Unidos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]