HC Lev Praha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
HC Lev Praha
Vrána, Chára, Bartečko 2012-12-02 Amur—Lev Praha KHL-game.jpeg
Fundado en 2012
Sede Prague CoA CZ.svg Praga,
República Checa República Checa
Cancha Tipsport Arena
(13.150 espectadores)
Cores Azul, vermello e branco
                 
Liga Kontinental Hockey League
Conferencia Oeste
División Bobrov
Adestrador República Checa Josef Jandač
Director Flag of Latvia.svg Normunds Sējējs
Equipos(s) afiliado(s) Sparta Praha (Extraliga Checa)
KHL Lev Praha 2012-13.png
Sitio Web http://www.levpraha.cz/

O Hockey Club Lev Praha, [1] máis coñecido como Lev Praha, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Praga (República Checa). Foi fundado en 2012 e dende ese ano compite na Kontinental Hockey League (KHL). Non ten nada que ver co HC Lev Poprad, un club desaparecido da localidade eslovaca de Poprad, que competiu na KHL durante a tempada 2011-12.[2]

History[editar | editar a fonte]

HC Lev en Hradec Králové e Poprad[editar | editar a fonte]

Artigo principal: HC Lev Poprad.

En 2010 fundouse na localidade de Hradec Králové (República Checa) un equipo chamado HC Lev Hradec Králové, coa intención de ingresar na KHL. Sen embargo a Federación Checa de Hóckey sobre Xeo non lle concedeu permiso ao club.[3] A causa deso, o equipo trasladouse á localidade de Poprad (Eslovaquia), e finalmente se lle concedeu permiso para competir na tempada 2011-12. Sen embargo tras tan só unha tempada na KHL o club disolveuse.

Novo equipo en Praga (2012)[editar | editar a fonte]

A finais da tempada 2011-12, un troco nos propietarios do Lev Poprad fixo que saltaran rumores en torno a unha posible reubicación en Praga (República Checa). En marzo de 2012, a Federación Checa de Hóckey sobre Xeo (ČSLH) concedeulle permiso para xogar na KHL en representación da República Checa,[4] e a finais de abril, un novo equipo co mesmo nome, HC Lev, mais cunha organización distinta, inscribiuse na KHL para xogar na capital checa.[2]

O Lev Praha ten un acordo de cooperación co equipo local do Sparta Praha, club da Extraliga Checa e os dous equipos xogan no Tipsport Arena. Lev tamén ten pensado xogar catro partidos como local no O2 Arena, un estadio máis grande e moderno.

Tempada 2012–13[editar | editar a fonte]

O Lev fichou ao adestrador checo Josef Jandač como adestrador xefe para a primeira tempada do equipo na KHL, onde Jiří Novotný foi o seu primeiro capitán. O equipo comezou a tempada o 6 de setembro de 2012 coa vitoria na casa por 2 goles a 1 fronte ao Dinamo Riga.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Lev Praha
WikiProject Ice Hockey logo.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]