H2O: Just Add Water

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
H2O: Just Add Water
Formato Xuvenil, fantasía
Creado por Jonathan M. Shiff
Dirixido por Colin Budds, Jeffrey Walker
Intérpretes Claire Holt
Cariba Heine
Phoebe Tonkin
Indiana Evans
Angus McLaren
Luke Mitchell
Tema de apertura "No Ordinary Girl"
(Ellie Henderson, 1ª t.)
(Kate Alexa, 2ª t.)
(Indiana Evans, 3ª t.)
País de orixe Australia
Lingua(s) Orixinal en Inglés,
dobrada ó castelán e outros.
Episodios 78
Produción
Produtor(es) executivo(s) Jonathan M. Shiff
Kay Ben M'Rad
Julia Adams
Localización(s) Gold Coast, Queensland
Duración 24 min
Distribuidor ZDF Enterprises
Emisión orixinal
Canle de orixe Network Ten
Emisión 7 de xullo de 2006
16 de abril de 2010
Ligazóns externas
Páxina web

H2O: Just Add Water é unha serie de televisión australiana xuvenil. Transmítese en máis de cen países de todo o mundo.

Argumento[editar | editar a fonte]

Emma (Claire Holt), Cleo (Phoebe Tonkin) e Rikki (Cariba Heine) son tres rapazas adolescentes que viven na Costa Dourada australiana. Por culpa dunha broma de Zane Bennet (Burgess Abernethy) as rapazas atópanse mar dentro. Ven a illa de Maco (lugar de grande importancia na serie) e diríxense a ela. Alí atopan un volcán inactivo, e dentro del un estraño canal submarino. Para non quedar encerradas na illa deciden nadar e buscar a saída. Cando se meten no canal a lúa alumea o pozo a través do cráter, facendo que este se poña a burbullar. A partir dese día as tres convértense en sereas ao tocar a auga. No segundo episodio cóntanlle a Lewis, o noivo de Cleo, que son sereas ao tocar a auga.

Na segunda tempada aparece unha nova serea Charlotte Watsford (Brittany Byrnes) mais esta é mala. Sae con Lewis durante a maior parte da temporada pero case ao acabar a temporada Lewis rompe con ela para volver con Cleo.

Na terceira temporada Emma e Lewis vanse da serie e aparece Isabella Hartley, Bella (Indiana Evans) con Will Benjamin (Luke Mitchell).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]