Hoenir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Hœnir»)
Hœnir nunha ilustración do século XVII dun manuscrito islandés
Loki, Odín, Hœnir e Þjazi baixo forma de aguia nunha ilustración dun manuscrito islandés do século XVIII.

Na mitoloxía nórdica Hœnir era un deus que formaba parte dos Æsir. Canda Mimer foi cos Vanir como parte do intercambio realizado como pacto para finalizar a guerra entre ambos grupos de deuses. Os Vanir convertérono nun dos seus membros pero el era indeciso e relegáballe a Mimer todas as súas decisións. Este feito é mencionado na saga dos Ynglings, onde se lle chama Hone. A figura deste deus é enigmática, xa que a pesar de non darse demasiada información sobre el, aparece nos eventos máis importantes da mitoloxía nórdica, como a guerra entre os Æsir e os Vanir, a creación dos primeiros homes e a batalla da fin do mundo, o Ragnarök.[1]

A xente de Asaland enviou un home chamado Hone, que pensaron sería adecuado como xefe, xa que era forte e de bo aspecto; e canda el enviaron un home de gran sabedoría chamado Mime. Pola súa parte, a xente de Vanaland enviou o home máis sabio da comunidade, chamado Kvase. Cando Hone chegou a Vanaheim, inmediatamente foi convertido en xefe e Mime acudía a el con bos consellos en todas as ocasións. Pero cando Hone se encontraba só no Thing ou noutras reunións, se Mime non se encontraba preto del, e se lle presentaba calquera dificultade, só respondía dun xeito -- "Agora deixen que outros dean o seu consello"; entón a xente de Vanaland sospeitou que a xente de Asaland lles enganaran no intercambio de homes.
Saga dos Ynglings, capítulo 4[2]

Na Völuspá, Hœnir e Lóðurr axudáronlle a Odín na creación do primeiro home, Ask e a primeira muller, Embla. Hœnir foi o encargado de darlles os sentidos a estes primeiros homes.[3] En Gylfaginning, estes son substituídos por Vili e Ve.[4] Como Snorri coñecía a Völuspá, é probable que Hœnir fora outro nome para Vili.

En Skáldskaparmál o deus é mencionado nunha travesía xunto a Odín e Loki onde se encontran co xigante Þjazi baixo forma de aguia cando se deteñen a preparar comida.[5]

En Haustlöng consérvase un relato similar ao de Skáldskaparmál, onde Þjazi pide a Hœnir unirse á comida.

No prólogo de Reginsmál relátase que Hœnir xunto a Odín e Loki chegaron até a cascada onde moraba o anano Andvari que tiña a habilidade de transformarse en peixe e que máis tarde Loki lle roubaría o seu ouro e o anel Andvarinaut.

Segundo a Völuspá, Hœnir foi un dos poucos deuses que logrou sobrevivir ao Ragnarök.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lindow, John (2001). Norse Mythology: A Guide to the Gods, Heroes, Rituals, and Beliefs. Oxford University Press. ISBN 0-19-515382-0. 
  2. Tradución de: "Saga Ynglinga, capítulo 4". Heimskringla. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 17 de agosto de 2010. 
  3. Snorri Sturluson. trad. Arthur Gilchrist Brodeur (1916), ed. "Völuspá, estrofa 18". Edda poética. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de agosto de 2010. 
  4. Snorri Sturluson. trad. Arthur Gilchrist Brodeur (1916), ed. "Gylfaginning, capítulo 9". Edda prosaica. Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2007. Consultado o 17 de agosto de 2010. 
  5. Sturluson, Snorri. trad. Arthur Gilchrist Brodeur (1916), ed. "Skáldskaparmál, capítulo 43". Edda prosaica. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 17 de agosto de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]