Håkan Hellström

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cb håkan 2.JPG

Håkan Hellström, nado en Västra Frölunda (Gotemburgo) o 2 de abril de 1974, é un músico sueco.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou súa carreira musical na banda de indie pop Broder Daniel, onde tocaba a batería entre os anos 1988-1994, neste ano mudou de grupo musical indo a tocar cos "honey is cool" (unha banda de rock alternativo) na que apenas estivo para volver a tocar cos Broder Daniel en 1997, pero como baixista, ata que en 2003 a volveu abandonar para iniciar súa carreira en solitario.

Este abandono da banda debeuse ó éxito da súa canción "Kann ingen sorg för mig Göteborg" (non chores por min Gotemburgo) no ano 2000, cinco anos despois sacou seu primeiro álbum en solitario "NAT gammalt, nytt NAT, NAT lånat, blått NAT" (Algo vello, algo novo, algo prestado, algo azul) onde xuntou material anterior que non publicara. Debido ó nacemento de seu fillo en 2006 abandonou as xiras e gravacións, porén seguiu dando pequenos concertos, publicando mais tarde seu traballo "För sent för Edelweiss" (tarde de mais pra Edelweiss). Algúns destes traballos teñen certas liñas e melodías collidas doutros artistas, polo que xerou algunhas controversias seu traballo respecto da orixinalidade e os dereitos de autor, sendo acusado de plaxio nun dos seus sinxelos, que sacou do mercado.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Känn ingen sorg för mig Göteborg,2000.
  • Det är så jag säger det,2002.
  • Ett kolikbarns bekännelser,2005.
  • Nåt gammalt, nåt nytt, nåt lånat, nåt blått,2006.
  • För sent för Edelweiss,2008.
  • Två steg från paradise,2010.
  • Det kommer aldrig va över för mig,2013.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Håkan Hellström Modificar a ligazón no Wikidata