Gyula Cseszneky
Conde Gyula István Cseszneky de Milvány et Csesznek, nado en Csorvás (Hungría) en 1914 e finado en Brasil despois de 1956, foi un aristócrata, poeta, tradutor, aventureiro húngaro. Co nome de Xulio I, foi o Gran Voivoda do Pindo e Macedonia.
Índice |
Traxectoria[editar]
En 1941, durante a Segunda Guerra Mundial, foi nomeado conselleiro de Aimone, que daquela era o rei Tomislao II do Estado Independente de Croacia. En agosto de 1943, grazas aos seus amigos influentes italianos e os seus parentes, o conde Cseszneky foi nomeado voivoda do estado autónomo que rodeaba o Pindo polo colaborador fascista Alcibiade Diamandi, quen gobernara como príncipe baixo o nome de Alcibiades I.[1][2]
O Voivoda Xulio só foi un gobernador nominal, e intentou conseguir contactos cos gobernos aliados. En setembro de 1943, cando a Alemaña nazi se fixo cargo do exército italiano, obrigóuselle a renunciar debido á súa ascendencia xudía, e foi arrestado polo Gestapo. Conseguiu escapar a Hungría.
Logo da guerra, escapou con Aimone de Aosta á Arxentina.
Notas[editar]
- ↑ CAHOON, B. (2000). "Greece" (Html). www.worldstatesmen.org. http://www.worldstatesmen.org/Greece.html. Consultado o 27/08/2010.(en inglés)
- ↑ SACHE, I. (27/05/2006). "Greece during the Second World War" (Html). www.atlasgeo.net. http://www.atlasgeo.net/fotw/flags/gr_wwii.html. Consultado o 27/08/2010.(en inglés)
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Szilágyi, Aladár: - Operettállam (in Erdélyi Riport)
- Andreanu, José: - Los secretos del Balkan
- Sankó, L.: - A csallóközi nemesi közbirtokosság
- Toso, Fiorenzo: - Frammenti d'Europa
- Kalimniou, Dean: - Alkiviadis Diammandi di Samarina (in Neos Kosmos English Edition, Melbourne, 2006)
- Thornberry, Patrick und Miranda Bruce-Mitford: - World Directory of Minorities. St. James Press 1990
- Koliopoulos, Giannēs S. und John S. Koliopoulos: - Plundered Loyalties: Axis Occupation and Civil Strife in Greek West Macedonia. C. Hurst & Co, 1990.
- Horváth Mihály: A magyar nemzet története
- Seidl-Bonitz-Hochegger: Zeitschrift für Niederösterreichischen Gymnasien XIV.